EL COMIENZO - Corredores Verdes

Ir ao contido

EL COMIENZO

CORREDORES
.
PRESENTACIÓN DO CORREDOR VERDE DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
A  primeira reunión para a presentación do proxecto "Corredores Verdes" en Santiago, foi propiciada por Carlos Gayoso, presidente de ASSANA. Foi unha reunión informativa na que Mabel Rivera, e Enrique Banet (presidente da Fundación Galicia Verde), expuxeron as liñas mestras do proxecto e responderon a numerosas preguntas dos asistentes. Despois deste primeiro contacto tomouse a decisión de seguir avanzando para a posta en marcha do primeiro Corredor Verde en Santiago de Compostela.

Pediuse a colaboración de todos os asistentes interesados para ir avanzando na planificación da produción.

A todas e todos se lles agradeceu a súa colaboración e, solicitóuselles que, a través de ASSANA, fixésennos chegar os seguintes datos:

Correo electrónico, para manter unha relación fluída e irlles informando.
Unha lista dos produtos frescos, de tempada, que consideran de primeira necesidade.

Unha vez reunidos estes datos convocaríase outra reunión co grupo coordinador para falar da organización do Corredor desde a perspectiva do consumidor.
Corredores Verdes
Rexistrado o 10/08/2021  PO.093-21
Promovido pola Fundación Galicia Verde
secretaria@fundaciongaliciaverde.org
Volver ao contido