Servicios
CORREDORES > SANTIAGO
ENQUISA PARA ORGANIZAR O REPARTO
Estamos
a piques de rematar o proceso para constituirnos como grupo de
consumo, e precisamos dalgúns datos máis antes da próxima xuntanza
para empezar a funcionar.
É
conveniente que te comprometas por un tempo para que @s productor@s
poidan planificar a súa produción, e nós poidamos organizar mellor
o servizo.
Outro
aspecto que melloraría o noso impacto positivo:
Queremos
crear un amplo recetario
cos produtos de cada temporada e convidámoste
a enviar as túas receitas
para compartir na web; selecciona as que xa coñeces e que sexan do
teu gusto, de xeito que dispoñamos tamén na cociña de múltiples
maneiras de preparar os alimentos para que nos poidamos enriquecer
coas achegas do grupo.
Queremos
xerar “Residuos cero”:
- Convidámoste a que traias a túa propia bolsa de tea e caixas de ovos. Máis adiante poderemos fabricar as nosas propias cestas de lona.
- No mesmo punto onde recolles a “Cesta verde” poderás deixar os residuos orgánicos xerados pola túa compra; dese xeito pechamos o ciclo, xa que @s productor@s os van convertir en compost para nutrir as seguintes colleitas.
- Cando empecemos a funcionar poderemos organizarnos para facer pedidos conxuntos de aceite e outros produtos que non sexan de cercanía.
En pouco
tempo convidarémoste a un encontro
presencial no
que poderemos coñecernos e matizar pequenos detalles, organizar a
coordinación do grupo e comentar todo o que precisemos de xeito que
nos poidamos poñer en marcha no menor tempo posible.
Se
recibes esta carta é porque formas parte do proxecto de Corredores
Verdes.
En canto a respondas e confirmes a túa participación, vas a recibir
unha clave de acceso que che vai permitir entrar na web , facer os
pedidos, deixar as túas receitas, achegar ideas … e tamén
recibir información das accións e actividades que vaiamos
incorporando.
Grazas
por participar, grazas por sumar neste proxecto de Vida Saudable e
coidado das Persoas e do Planeta.